Agüeira Project abrirá a programación musical de Eido Dourado

Os concertos no espazo barreirense comezan este domingo, e tamén os haberá os venres no cámping Gaivota

O grupo Agüeira Project. AXM

O ciclo de concertos Sons no Solpor, do espazo de arte Eido Dourado, en Barreiros, comeza este domingo. Agüeira Project abrirá o programa a partir das 22.30 horas.

O grupo, que se move a nivel sonoro entre a bossa nova e o jazz, naceu na escola de música de Vegadeo, impulsado polo guitarrista alemán Reinhold, afincado en Santalla de Oscos, á beira do río Agüeira.

Programa musical de Eido Dourado e Cámping Gaivota. AXM

O promotor de Eido Dourado, Celso Dourado, lembra que o espazo de arte cumpre dez anos e que o cámping Gaivota tamén está de aniversario, pois alcanza as tres décadas en funcionamento.

Así, este verán haberá concerto cada venres no cámping, con posterior queimada, e cada domingo no espazo artístico. 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here